Ethan Frome é un granxeiro pobre de Nova Inglaterra cuxas improdutivas terras só dan o xusto para sobrevivir. Zeena, a súa muller, está enferma e non se conforma coa mísera existencia de ambos. Será a chegada de Mattie, prima de Zeena, o que espertará en Ethan novos sentimentos e cobizas, e precipitará tráxicos acontecementos que cambiarán a súa vida para sempre.
Publicada por vez primeira en 1911, esta historia de emocións desesperadas e prohibidas tensións sexuais é considerada unha das obras máis elegantes e intensas da narrativa breve norteamericana do século XIX, e a mellor das novelas curtas da autora. É, ademais, a única das obras de Wharton cuxos protagonistas non pertencen ás clases acomodadas.
|
Editorial
|
Irmás Cartoné
|
|
Idioma
|
gallego
|
|
Páginas
|
134